VELLA CAMPESIÑA, de Giacomo Ceruti
Unha vella, Xosefa da Choupana, casou aos dezanove anos e medio con Orlando da Escombreira. Deste matrimonio naceron cinco fillos: Ramón, Pepe, Xosefa, Luísa e Maruxa. Era un matrimonio moi feliz, ata que un día de treboada, un raio matou a Orlando e Xosefa quedou moi triste, pero tivo que facer de tripas corazón e tirar para adiante, xa que tiña que manter aos cativos, dos que o máis vello estaba a punto de cumprir doce anos. Por esta razón, ela tiña que coidar o gando (porcos, galiñas, vacas e coellos), ademáis de traballar as fincas que mercaran ela xunto co seu marido.
Pasaron catro anos e uns meses e Xosefa seguía moi triste porque se lembraba a miúdo de Orlando. E un bo día, ao seu fillo Ramón, ofrecéronlle un traballo; foi traballar e o xefe pagáballe unha cantidade considerable de diñeiro e ademáis polo Nadal regaláballe lotaría. Un dos décimos que lle regalara o xefe, resultou agraciado co premio Gordo de catrocentos mil euros. “ Que ledicia!”- pensou, xa que por fin podería librar á súa nai de tanto traballo. Chegou moi ledo á casa e deulle a nova á nai. Decidiron vender o gando e as fincas e mercar un piso na cidade, onde poder vivir todos xuntos. Así o fixeron; mercaron o piso e foron vivir á cidade os cinco fillos e máis a nai. Adaptáronse ben á cidade e alí os máis novos foron á escola e acabaron carreiras, os máis vellos atoparon traballo e a nai non botaba de menos o campo.
De alí a uns anos, Xosefa atopou un mozo do que se namorou e casou. Os fillos tamén foron casando, excepto Luísa que se fixo monxa. Tivo doce netos, algúns xemelgos, foi unha muller moi feliz, rodeada dos fillos e netos que a querían moito.
Cando Xosefa tiña 101 anos e contaba con once bisnetos e catro tataranetos aos que lle explicaba a historia da súa vida, finou dunha parada respiratoria, xa que lle pararon de funcionar os pulmóns.
Carlos Santorum e Antía Varela 3º A