Tres nenos tirando dun carro, de Frans Hals.
Nun lugar moi lonxano, na Idade Media, nun pobo moi pequeño, había una familia moi pobre que tiña tres fillos. Estes quedaran orfos de pais cando tiñan dous anos. Medraban e medraban, todo o pobo se ría deles e os avós ,que era a familia que lle quedaba, dicíanlles que non fixeran caso.
Un día, cando tiñan 15 anos, uns “amigos” fixéronlle una aposta. Dábanlle 10 euros a cada un se se atrevían a roubarlle un carro a un nobre e levalo ata o monte, alí terían que ceibar ao cabalo.
Eles respostáronlles que eran pobres e necesitaban os cartos para comer pero que nunca ían roubar e arriscarse a que os pillaran e que amigos así non os queren, serán pobres , non terán amigos pero sempre se terán uns aos outros. Un ano despois , cando tiñan 16 , morréronlle os avós e quedaron sos no mundo . Agora que ían facer eles soos no mundo sen ningún familiar que os guíe na vida?
Un moi bo día no monte ,buscando froitos para comer ,atoparon un moedeiro que contiña 10.000 euros; estaba gravado co nome do rei. Eles como eran de bo corazón e endexamais roubarían leváronlle o moedeiro ao rei. O rei agradeceullelo e preguntoulles se tiñan familia, estes respostáronlle que non, porque os país morreran cando tiñan 2 anos e os avós había só 2 meses; o rei ,xa que a muller non podía ter fillos e quería telos, criounos coma se foran seus fillos , coma se foran do mesmo sangue, dáballes igual que foran fillos de campesiños.
Un día, cando os rapaces ían co rei á vila onde naceran e se criaran ,a comprar teas para os seus traxes, atopáronse cos rapaces que se metían con eles e lles ofreceran roubar o carro, e os pobres estaban pedindo limosna. Os irmáns íanllas devolver pero ,ao seren de bo corazón, déronlle cartos. Pero como condición non se podían rir de ninguén máis xa fora pobre , rico, feo, guapo ou o que fose.
Daniel Vázquez Soto e Santiago Rojas Varela 3ºA