A LEITEIRA, de Vermeer
Nunha mañá de inverno, a leiteira coa súa roupa de traballo estaba na cociña na que facía moito frío.
Era unha criada de brazos fortes e colorados pola auga xeada que saía do vertedoiro. A criada dedicábase a facer o traballo menos nobre da casa, pero aínda así ela sorría e facía o seu labor entusiasmada. A muller encontrábase facendo biscoito, tiña xa os ovos batidos, despois engadiulle o leite e cervexa da xerra que suxeitaba coa man; a continuación puxo o pan en remollo.
Nos días de choiva a leiteira era nos que mellor se sentía, xa que, os nenos da casa, ao non poder saír para fóra, quedaban parte do día metidos na cociña observando e axudando a criada co seu labor.
O resto do ano, cando fai bo tempo, e os rapaces non paraban dentro da casa, a muller séntese soa ao estar na cociña sen ningunha presenza humana, non tendo tempo para facer a súa vida fóra desa silenciosa habitación. Cando remataba o seu labor, cara a noite, dirixise á súa vivenda na que tamén se encontra soa, sen home, nin fillos.
Andrea Otero Montoto 3ºA
Rosalía Rivera Marcos
Rosalía Paloma Rivera Marcos 3ºA