top of page

AS MENINAS, DE Velázquez

 

Érase unha vez tres bonitas irmás que vivían lonxe da civilización, e das demais rapazas da súa idade, xa que vivían encerradas no Castelo do seu malvado padrasto (o rei de Castela) e non coñecían vida máis aló dos muros do Castelo. Cada día estaban máis tristes e aburridas xa que só falaban con xente de fóra, cando viña o pintor ou o mestre. Un día de verán, ocorréuselles que como ó día seguinte viría o pintor, nun descoido da coidadora, escaparían na carruaxe deste.

Eran as oito en punto, e como cada mañá, espertaron co cantar do galo, que anunciaba un novo día. Vestíronse rapidamente, e almorzaron xunto co seu temido padrasto, cousa que non acostumaban facer. Pero o seu almorzo foi interrompido e non puideron rematar o marabilloso biscoito de laranxa que esa mesma mañá prepararan con gran entusiasmo as monxas, xa que o pintor chegara antes de tempo, cousa que alegrou moito ás princesas.

Xa case rematada a tarefa de retratar ás rapazas, estas estaban moi nerviosas porque o rei insistía en que non debían quedar soas esa mañá, e non podían levar a cabo o seu plan. Pero de pronto, entraron a monxa e o cura da familia e dixéronlle ao padrasto que tiña que facer algo urxentemente. Cando lle dixeron que pasaba, o home non o pensou dúas veces e saíu correndo. As rapazas contáronlle os seus planes ao pintor, e este, que era amigo do rei, díxolles que non traizoaría ao seu mellor amigo e que lle contaría todo. E así o fixo. Como castigo, o rei enviounas nun bote á illa de Ibiza na que as esperarían tres príncipes ingleses chamados Henrique, Mario e Xaquín, cos que deberían casar tan pronto como cumprisen a maioría de idade, o que menos pensaba o rei era que iso ao que el chamaba castigo, se convertería no máis desexado paraíso para as princesiñas.

 

Antía Rodríguez- Alejandra Recimil (3º A)

 

 


 

bottom of page