top of page

Beira do río, Jacob Isaaksz
      Había una vez un pobo de Galicia, cercado por cidades que tiña un bosque moi frondoso e un gran río que era o corazón do pobo.
     Neste pobo, vivía una nena chamada María. Viña dunha familia de gandeiros moi pobre, ela era a segunda de seis irmáns, traballaba arreo todos os días para axudar os seus pais; levantábase moi cedo para ir co gando e despois ía á casa axudarlle a súa nai a facer as tarefas do fogar. María tiña envexa do resto dos nenos que ían á escola e non tiñan que traballar tanto. Ela quería aprender a ler e escribir para poder ler eses libros que traía o comerciante da cidade.
     Un día, mentres lavaba a roupa na beira do río, viu no fondo algo que brillaba, revolveu na lama e sacou una pebida de ouro.
     María quedou asombrada, levouna a un comerciante da vila o cal quedou impactado co que lle ensinara a nena; díxolle que por cada pebida lle daría 110.000pst; daquelas o ouro pagábano moi ben.
     A rapaza, entusiasmada, foi á casa e contoullo ós seus país. Todos saltaron da alegría, e esa noite cearon carne e pan de trigo.
     Coa ganancia deixaron ir a María á escola, onde aprendeu a ler en pouco tempo. Polo seu aniversario regaláronlle o seu primeiro libro.
 
Noa García e Marisol Fernández 3º A

bottom of page