top of page

A MOZA DA PERLA, de Vermeer.

 

Nun lugar remoto vivía unha parella de millonarios felizmente casados. Tiñan unha criada chamada Xoana, que traballaba arreo tódolos días na casa deles.

A casa era moi grande e antiga, de pedra, por tanto era moi fría, con moitas alfombras ao longo dos corredores.

Unha tarde, estaba Xoana limpando duramente unha das alfombras que tiñan, cando se lle acercou o ricachón a proporlle un trato: se ela se prestaba para facer de musa para os seus cadros, a cambio traballaría menos e cobra o mesmo. Aceptou pero tiña medo da súa xefa xa que era moi celosa e podía despedila.

O pintor, que era o ricachón, regaláballe a Xoana fermosos pendentes de perlas para que os puxera mentres a pintaba; pero a muller deste acabouse dando conta porque os pendentes eran seus.

Unha noite a millonaria fartouse e contratou a un sicario para que matase a Xoana.

Un día Xoana estaba cortando as malas herbas do enorme xardín cando lle apareceu o sicario para matala; ela asustouse tanto que botou a correr polo medio do monte ata que o perdeu de vista. A criada colleu tanto medo que foi xunto ao seu amo e renunciou ao seu traballo. O ricachón púxolle unha condición antes de que marchara. Quixo que posara para o último cadro, a famosa ‘Moza da Perla

María del Carmen Portas

Sofía López; 3ºA.

bottom of page