Triunfo dos Médeci entre os deuses, de Luca Giordano
Esta é a historia dos deuses da natureza cando aínda eran felices.
Vivían no poboado dos deuses onde sempre billaba o sol. Os deuses da natureza eran a Neve, o Vento… todos gobernados polo Sol.
Un día aparaeceu un deus descoñecido, a Choiva, que se interpuxo no camino do Sol.
Como os dous querían tomar o mando, enleáronse en cosntantes guerras. Nunca se rendían a pesar das derrotas.
Uns días a vitoria era do Sol e outros da Choiva, pero como os dous querían gañar, volvían loitar de novo, entón uns días chovia e outros facia sol.
Despois dun longo tempo de desacordos e guerras, chegaron a un acordo polo que repatiron os días do ano, creando as estacións.
Do día 21 de xuño ao 21 de setembro tocáronlle ao Sol, esta estación chamouse verán; do 21 de setembro ao 21 de decembro, o outono e do 21 de decembro ao 21 de marzo, o inverno; estas duas estacións otorgáronllas á Choiva. O Sol e a Choiva compartían do 21 de marzo ao 21 de xuño os días aleatoriamente.
A Choiva tamén compartiu algún día do inverno e do outono coa Neve e co Vento.
Algúns días trifulcan entre eles e vai sol, chove e fai vento.
Laura Blanco e Tania Conde, 3ºA