top of page

PROXECTO A BIBLIOTECA DE BABEL
IES. RAMÓN MARÍA ALLER ULLOA (LALÍN)
© 2015 Grupo Kale/kela
O grupo Kale/Kela coordinou con alumnado de ESO e bacharelato o proxecto A BIBLIOTECA DE BABEL. O presente proxecto busca traballar obradoiros de creación literaria e divulgación cultural. Para iso, inspirándose na mítica biblioteca borxiana, proponse obradoiros coa elaboración de mini libros, de contido diverso (relatos, poemas, cancións, aspectos culturais...). Tamén mostran un obradoiro de maquetas con lugares recreados en novelas históricas. O obradoiro de música encargouse da elaboración de partituras artesanais. Finalmente, a exposición inclúe material deseñado en 3D, xogos e carteis, para conformar unha peculiar biblioteca de Babel.
bottom of page