top of page

PROXECTO A MÚSICA DA NOSA VIDA

A exposición "A música da nosa vida" ofrécevos unha viaxe por algúns grupos e cantantes que marcaron a cultura popular. Son a melodía das nosas vidas porque foron escollidas polo que representan da man dos seus padriños, o alumnado participante, en cada traballo desta mostra. Así conviven respectuosamente distintos xéneros e estilos, sen ningún afán abarcador, pois do que se trata é de dar testemuño dunha memoria emocional a través da música: o que representan para nós, a súa importancia para facernos rir, reflexionar, quizáis ás veces chorar... A exposición divídese en varias seccións: a zona de maquetas ofrece instrumentos a escala ou lugares que aparecen recreados en cancións populares; a de títeres inspírase en distintas melodías; as de caretas ocúpase de cantantes emblemáticos da música en castelán, galego ou francés; ou a de ciencias convida a experimentar coa emisión do son. En definitiva, unha viaxe pola música, polas medolías da nosa vida. "

bottom of page