Quenes somos? Como se manifesta a diversidade cultural da humanidade? Cales son os lazos en común, os camiños da diversidade que mostran a riqueza das diferentes culturas que debemos coñecer e promover? Estas son algunhas das preguntas das que nace este proxeto, "Aldeas do mundo". Para iso, o proxecto busca traballar con distintas manifestacións culturais, históricas, artísticas e literarias no noso planeta, a través de distintos obradoiros organizados polo profesorado participante nas aulas de secundaria, cuxos resultados aparecen nunha mostra conxunta final no vestíbulo do instituto. Na ÁREA DE PLÁSTICA E VISUAL elaboráronse títeres sobre personaxes da literatura universal, mentres que nas linguas (galego e castelán), linguas extranxeiras (inglés, francés) e informática deseñáronse campañas de promoción de culturas de distintos lugares do mundo, e especialmente de países de fala inglesa e francesa con carteis despregables. Desde física e química traballaron nun obradorio con experimentos de aula, e nas matemáticas con xogos lóxico-matemáticos. Na área de historia fixeron guías de viaxe sobre determinados periodos históricos, e maquetas con edificacións humanas. E na de música, crearon partituras artesanais. Todo para facer a pregunta inicial: quenes somos? que nos une? cal é o legado cultural que debemos coñecer e trasmitir?