PROXECTO CÁPSULAS DO TEMPO
O proxecto CÁPSULAS DO TEMPO busca traballar con distintos momentos da historia do home, nos seus achádegos e contribucións na mellora e no avance das sociedades e culturas.
Na ÁREA DAS LINGUAS elaboráronse Máscaras artesanais, con cara de figuras senlleiras na historia dahumanidade, cunha tira cronolóxica cos principais fitos biográficos.
Na ÁREA DE PLÁSTICA E VISUAL fixéronse Paneis figurativos con representacións humanas coas vestimentas doutras épocas, e ilustracións etnográficas.
Na ÁREA DAS LINGUAS EXTRANXEIRAS (inglés, francés..) vídeos, sobre momentos da historia da humanidade destacables para o progreso e o benestar común, para os dereitos colectivos, para o coidado do medio, etc, a través dun concurso televisivo figurado.
Na ÁREA DAS CIENCIAS aportáronse paneis de avances da ciencia ao longo dos tempos; e xogos que teñen como patrón un eixo cronolóxico.
Na ÁREA DE HISTORIA fíxose a creación de cápsulas e rodas do tempo, que inclúen acontecemos significativos en períodos concretos da humanidade (un ano, un lustro...), así como un percorrido pola historia da vestimenta.
Na de MÚSICA, maquetas con instrumentos musicais, e unha breve explicación da súa historia.
Un proxecto interdisciplinario, con vocación integradora e multicultural.