top of page

PROXECTO UN MUNDO POP UP

     A exposición "Un mundo Pop Up" presentávos unha experencia lectora, viaxeira e, en xeral, cultural, a través de personaxes e  lugares diferentes. Para iso, empregamos a técnica do POP UP: trátase de despregables nos que a apertura dunha carátula, páxina ou portada dá paso á formación da figura. Por iso, nesta exposición hai unha sorpresa detrás de cada proposta. Fixemos nesta ocasión varios obradoiros nos que poderás atopar tarxetas, carteis ou portadas cos despregables. Son o froito de obradoiros de creación literaria e plástica, tamén cos obradorios de ciencia e historia sobre lugares emblemáticos do planeta. 

 

     A exposición divídese, polo tanto, en varias seccións: a zona de pop up con relatos literarios; a xona de xogos; o espazo musical; o espazo de historia e o recuncho dos experimentos científicos.

bottom of page