top of page

PROXECTO DeCine
Alumnado de ESO e FP básica. IES R.M.
ALLER ULLOA (Lalín)

O proxecto "De cine" busca traballar co mundo do cinema, e especialmente a súa relación con outras artes: pintura, música, literatura..., a través de varios obradoiros. Así, fixéronse claquetas artesanais, con acontecementos históricos e a súa recreación no cine; máscaras co rostro de artistas da séptima arte en cartulina ou semellante e vídeos coa presentación da personaxe en cuestión; cámaras escuras; creación de negativos artesanais (imitando o celuloide  fílmico) con historias fabuladas inspiradas en material fílmico; deseño de elementos dunha orquestra imaxinaria, de instrumentos artesanais (reais ou non), para executar bandas sonoras dalgún filme; e diversos carteis orixinais de películas creados polo alumnado participante.

bottom of page