top of page


A área de música involucrou no proxecto aos alumnos de 1º de ESO que cursan a materia de Proxecto Competencial. Isto supuxo a participación de 30 alumnos correspondentes a 1º ESO A e 1º ESO B. O alumnado investigou sobre a presenza dos distintos instrumentos nun filme relacionado. Unha vez escollido o vínculo instrumento-filme, cada grupo de alumnos propuxo a realización dunha maqueta sobre o instrumento en cuestión. Como complemento, cada maqueta acompañouse dos datos do filme relacionado, información presentada nunha cartolina. Finalmente, todos os traballos realizados foron presentados nunha exposición conxunta.
.jpeg)
bottom of page