top of page
INSTRUMENTOS EN METAMORFOSE
Neste obradoiro o alumnado enfróntase ás dificultades propias dun mundo tan complexo como é a construción de instrumentos ou a “arte dos luthiers”. Mais, a proposta vai un paso máis alá ao implicar a necesidade de reinventar aqueles instrumentos xa existentes, ou mesmo crear un novo por parte deles. Deste xeito, motívase a creatividade deste alumno, por outra banda acostumado a coñecer os trazos característicos daqueles instrumentos máis tradicionais. Xorde así un traballo de hibridación ou recreación dos instrumentos como busca da ampliación das posibilidades sonoras de todos aquelas propostas coñecidas. Debe terse en conta que a propia tarefa construtiva pretende reflexar o proceso do xogo mediante a creatividade, formulación que logo pode expandirse ao propio acto interpretativo en canto xogo sonoro. Abonda lembrar que certos idiomas empregan unha mesma palabra para designar o xogo e a interpretación musical, caso do inglés a través do termo play. Aquí tedes algúns resultados.
bottom of page