top of page
O proxecto Xogar, aprender busca desenrolar tarefas baseadas en ideas propias da gamificación ou ludificación. Na área de INGLÉS buscouse entender algunhas dinámicas dunha canle de radio creando podcast sobre diferentes contidos, como curiosidades. A de FRANCÉS ofrece un Alfabeto ilustrado con diferentes campos léxicos e semánticos. Na de HISTORIA deseñouse un convite especial, con Menús sobre diferentes épocas. Nas de CASTELÁN e GALEGO naceu unha aldea de refráns e acertixos. Na de MATEMÁTICAS, xogos interactivos; na de FÍSICA, roscos sobre curiosidades. Ou, finalmente, na de MÚSICA maquetas de novos instrumentos; e na de PLÁSTICA, ilustracións de caras desde diferentes puntos de vista.
bottom of page